Neste novo proxecto,o guitarrista Marcelino Galán, amplía a
formación habitual de Trio a Quinteto, da man de Pablo Castaño
ó saxo alto, Manolo Gutierrez ó piano, Xacobe Martinez Antelo ó
contrabaixo e Max Gomez á batería. Músicos provenientes de
sólidos proxectos coma Sumrra, SOS trio, ou Xacobe Martinez
Antelo Quinteto, demostran neste traballo todo esplendor
creativo da endogamia musical que é o Jazz.
Despois de “Roho “ (Xingra 2003), con Raynald Colom á
trompeta, X.M.Antelo o contrabaixo e Marc Ayza á batería, e
numerosos traballos como sideman, “Zinco” destaca por
amosar a profunda comunión entre os músicos é a música,
entre as composicións e os compoñentes.
Moitas dos temas evocan ós músicos que as interpretan, feitos
á medida e co sentimento axeitado dos instrumentistas; porque
sobor de todo, este traballo rezuma amizade, compañerismo de
batalla en bolos, proxectos, traballos discograficos, jam
sessions… en definitiva, un crecemento musical conxunto
indisociable do coñecemento persoal.E é por iso, que tan
distintas personalidades músicais unidas en “Zinco”, fan deste
un traballo tan especial, no que respirar aromas de Mingus,
entre bases Jungle, e no poderian convivir desde Coltrane a
Björk sen deixar de respetar as formas.
A LA VENTA EN
http://cdbaby.com/cd/marcelinog